Samaín no IES de Mos
Como ben sabedes, pronto chega o Samaín. Dende o equipo de Dinamización Lingüística gustaríanos que coñecésedes un opuco mellor a súa orixe e algunhas tradicións relacionadas con esta celebración. Contamos coa vosa participación para a elaboración dun mural de titulares arrepiantes a partir de fotografías do noso instituto. Con este fin deseñamos unhas actividades ás que podedes acceder facendo clic na cabaza. Agardamos que vos gusten!