Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 En xaneiro celebramos o mes da ciencia en galego. O obxectivo é demostra que a nosa lingua é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Con este fin, unha compañeira e un compañeiro de 4ºESO crearon un vídeo sobre a vida de Einstein, a partir do que creamos un xogo para empregar nas titorías. Para complementar esta actividade, falamos tamén sobre Mileva Maric, a parte invisible da Teoría da Relatividade. Invitamos a reflexionar sobre o seu papel no traballo polo que Einstein recibíu o premio Nobel, o trato recibido por parte do científico...  O alumnado de 1º ESO A animouse a escribir cartas póndose no lugar de Mileva, como se ela as escribira agora, no 2024.