Publicacións

COMEZAMOS O CURSO 26-27

Imaxe
  Comeza o curso 2026-27 e desde o Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Mos queremos darvos a benvida. Será un curso cheo de actividades pola lingua. Para aprendermos e para gozarmos. E xa metidos en fariña, aí tedes, os calendarios para as aulas e para a sala de profesorado. Puntuais cada mes. Benvidos. Benvidas. Comezamos.
Imaxe
💜Asistimos a dous obradoiros impartidos polos tradutores da obra Heartstopper💜
Imaxe
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS NO IES DE MOS, COA COLABORACIÓN DO CEIP PETELOS E A COMUNIDADE DE MONTES DE TAMEIGA: CORRELINGUA E DOUS ESPECTÁCULOS NA SALA REBULLÓN. MOITAS GRAZAS, QUE BEN O PASAMOS!!💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙  
Imaxe
 GRAZAS AO EQUIPO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL POR TER CREADO ESTA XORNADA DE CONVIVENCIA, AO PERSOAL DO IES DE MOS POR TER COMPARTIDO AS SÚAS FERMOSAS HISTORIAS DE EMIGRACIÓN E A RITA, ÓSCAR, EDU E ISMA POR EXPLICALO TAN BEN: TODAS SOMOS EMIGRANTES!
Imaxe
II Edición do concurso de relatos de medo👻👻💀💀💀👽 IES de Mos... Velaquí os e as premiadas!

Serán das letras galegas

  O 19 de maio o IES de Mos celebrou o serán do ano por mor das letras galegas. Houbo música, billarda, birlos celtas, chave, obradoiro de baile e pintacaras. Que ben o pasamos! Os nosos agradecementos a o Club de Bolos Celtas de As Pedriñas e ás cantareiras As Zaragateiras.   

Cintaadhesiva

Imaxe
 Unha vez máis, grazas á Comunidade de Montes de Tameiga, que fixo posible que o alumnado de 3 ESO, 4 ESO e 1º Bacharelato asistise ao espectáculo poético-musical Cintaadhesiva . A obra foi financiada integramente pola Comunidade de Montes, e mesmo o transporte ata a Sala Rebullón correu da súa conta. A obra é unha proposta sorprendente que mestura poesía, música en directo e expresión  visual e o alumnado puido mesmo ter un faladoiro coa artista Silvia Penas.