Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

 Este ano incorporámonos á iniciativa do IES Rafael Dieste de A Coruña, chamada "Aquí tamén se fala galego". O obxectivo é desmontar os prexuízos que pretenden facer ver que en Galiza non se fala galego, dando visibilidade a aquelas empresas, establecementos, asociacións... dos nosos barrios nos que podemos ser atendidos en galego. O alumnado de 4º ESO foi o encargado de buscar locais, nos nosos arredores, nos que seremos atendidos en galego. Anímate a falar!