Publicacións

Concurso literario de poemas e cartas de amor

Imaxe
 O xurado e o EDLG do IES de Mos quere agradecer a participación no concurso literario de poemas e cartas de amor, fixéstesnos vibrar e gozar coas vosas obras, de ❤️.

O medo no corpo

Imaxe
Noraboa ás gañadoras do concurso de relatos de medo do IES de Mos! Mellor relato de medo, categoría A: Soraya Borrajo Segundo mellor relato de medo, categoría A: Valeria Garrido Mellor relato de medo, categoría B: Valeria López Segundo mellor relato de medo, categoría B: Fabiola Blanco

Profesionais da regueifa

Imaxe
Tras un par de obradoiros, un grupo de 12 rapaces e rapazas do IES de Mos foi escollido para participar no Certame de Regueifas de Valadares. Desta vez non trouxemos a regueifa para a casa, pero saímos ben parados! O alumnado regueifante de 3º A e B amosou coraxe e moita creatividade 😎

COÑECENDO O INSTITUTO

Imaxe
  O alumnado de 6º EP do CEIP de Petelos viñeron visitar o seu futuro instituto. Aproveitamos a visita para resolver as súas dúbidas sobre o que atoparán o vindeiro curso. Desta vez, empregamos a nosa radio para que puideran entrevistar alumnado de 4º ESO para coñecer todos os detalles importantes sobre o instituto. Podes escoitar a entrevista premendo  aquí.

ORGULLO DA NOSA LINGUA

Imaxe
 O 16 de maio, o alumnado de 1º ESO xuntouse cos nosos veciós, o  CEIP de Petelos para celebrar un correlingua propio. Comezamos facendo unha pequena andaina pola nosa lingua rematamos lendo un manifesto. En todo momento acompañounos a música de varios compañeiros e compañeiras. O título da xornada foi "Orgullo da nosa lingua". Aquí deixamos as palabras escritas para esta ocasión: Bo día a todas e todos! Como sabedes estamos aquí alumas e alumnos do CEIP de Petelos e do IES de Mos para celebrar o  primeiro correlingua de Mos. Pero este é un correlingua moi particular. Se vos fixades, todas e todos temos un dorsal con palabras en galego. O alumnado do instituto non ten unha palabra calquera, senón un topónimo da nosa contorna. Pero... Sabedes o qeu é un topónimo? Alguén nolo pode explicar? O topónimo é o Nome propio dun lugar. Cada un de nós leva un topónimo de Mos. Vedes a enorme cantidade que hai? e moitos máis quedaron sen usar. É que en Galicia somos ricos en moitas co...

FALEMOS COMO GALEGAS

Imaxe
 A rapazada do IES de Mos tivo a oportunidade de desfrutar do espectáculo "Falemos como galegas", da compañía de teatro Migallas, na Sala Rebullón. A obra trata, dende o humor, temas coma o castrapo, a diglosia, os prexuízos..., coa finalidade de invitar á reflexión sobre estes aspectos e convidar a normailizar o uso do galego en tódolos ámbitos da nosa vida. Queremos dar as grazas ao Centro Cultural As Pedriñas por convidarnos a este espectáculo.