En xaneiro celebramos o mes da ciencia en galego. O obxectivo é demostra que a nosa lingua é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Con este fin, unha compañeira e un compañeiro de 4ºESO crearon un vídeo sobre a vida de Einstein, a partir do que creamos un xogo para empregar nas titorías. Para complementar esta actividade, falamos tamén sobre Mileva Maric, a parte invisible da Teoría da Relatividade. Invitamos a reflexionar sobre o seu papel no traballo polo que Einstein recibíu o premio Nobel, o trato recibido por parte do científico... O alumnado de 1º ESO A animouse a escribir cartas póndose no lugar de Mileva, como se ela as escribira agora, no 2024.
Como ben sabedes, pronto chega o Samaín. Dende o equipo de Dinamización Lingüística gustaríanos que coñecésedes un opuco mellor a súa orixe e algunhas tradicións relacionadas con esta celebración. Contamos coa vosa participación para a elaboración dun mural de titulares arrepiantes a partir de fotografías do noso instituto. Con este fin deseñamos unhas actividades ás que podedes acceder facendo clic na cabaza. Agardamos que vos gusten!
O 19 de maio o IES de Mos celebrou o serán do ano por mor das letras galegas. Houbo música, billarda, birlos celtas, chave, obradoiro de baile e pintacaras. Que ben o pasamos! Os nosos agradecementos a o Club de Bolos Celtas de As Pedriñas e ás cantareiras As Zaragateiras.
Comentarios
Publicar un comentario