Cintaadhesiva
Unha vez máis, grazas á Comunidade de Montes de Tameiga, que fixo posible que o alumnado de 3 ESO, 4 ESO e 1º Bacharelato asistise ao espectáculo poético-musical Cintaadhesiva. A obra foi financiada integramente pola Comunidade de Montes, e mesmo o transporte ata a Sala Rebullón correu da súa conta. A obra é unha proposta sorprendente que mestura poesía, música en directo e expresión visual e o alumnado puido mesmo ter un faladoiro coa artista Silvia Penas.
Comentarios
Publicar un comentario