Obradoiro de regueifas

O pasado 27 de outubro veu ao noso instituto Bieito Lobariñas, acompañado da súa zanfona.

Empregando a súa arte de regueifeiro, presentouse e explicou o que fariamos ao longo da sesión. A continuación amosounos a zanfona e falounos do seu funcionamento, así como das características da regueifa e comparouna con composicións semellantes que se fan noutas partes de España e incluso doutros países.

Para rematar, creamos xuntos a nosa propia regueifa:

Hai un peixe na peixeira

que parece non ter casa.

Como estás tan soíño?

Dime que é o que che pasa


Quero ir á miña casa

"anque" sexa moi despacio.

Alí fago moitas cousas

quero ter o meu espacio.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

COÑECENDO O INSTITUTO

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Profesionais da regueifa