Saltar ao contido principal

FALEMOS COMO GALEGAS


 A rapazada do IES de Mos tivo a oportunidade de desfrutar do espectáculo "Falemos como galegas", da compañía de teatro Migallas, na Sala Rebullón.

A obra trata, dende o humor, temas coma o castrapo, a diglosia, os prexuízos..., coa finalidade de invitar á reflexión sobre estes aspectos e convidar a normailizar o uso do galego en tódolos ámbitos da nosa vida.

Queremos dar as grazas ao Centro Cultural As Pedriñas por convidarnos a este espectáculo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COÑECENDO O INSTITUTO

  O alumnado de 6º EP do CEIP de Petelos viñeron visitar o seu futuro instituto. Aproveitamos a visita para resolver as súas dúbidas sobre o que atoparán o vindeiro curso. Desta vez, empregamos a nosa radio para que puideran entrevistar alumnado de 4º ESO para coñecer todos os detalles importantes sobre o instituto. Podes escoitar a entrevista premendo  aquí.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 En xaneiro celebramos o mes da ciencia en galego. O obxectivo é demostra que a nosa lingua é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Con este fin, unha compañeira e un compañeiro de 4ºESO crearon un vídeo sobre a vida de Einstein, a partir do que creamos un xogo para empregar nas titorías. Para complementar esta actividade, falamos tamén sobre Mileva Maric, a parte invisible da Teoría da Relatividade. Invitamos a reflexionar sobre o seu papel no traballo polo que Einstein recibíu o premio Nobel, o trato recibido por parte do científico...  O alumnado de 1º ESO A animouse a escribir cartas póndose no lugar de Mileva, como se ela as escribira agora, no 2024.

Samaín no IES de Mos

Como ben sabedes, pronto chega o Samaín.  Dende o equipo de Dinamización Lingüística gustaríanos que coñecésedes un opuco mellor a súa orixe e algunhas tradicións relacionadas con esta celebración.  Contamos coa vosa participación para a elaboración dun mural de titulares arrepiantes a partir de fotografías do noso instituto. Con este fin deseñamos unhas actividades ás que podedes acceder facendo clic na cabaza.                                                               Agardamos que vos gusten!