ORGULLO DA NOSA LINGUA
O 16 de maio, o alumnado de 1º ESO xuntouse cos nosos veciós, o CEIP de Petelos para celebrar un correlingua propio.
Comezamos facendo unha pequena andaina pola nosa lingua rematamos lendo un manifesto. En todo momento acompañounos a música de varios compañeiros e compañeiras.
O título da xornada foi "Orgullo da nosa lingua". Aquí deixamos as palabras escritas para esta ocasión:
Bo día a todas e todos!
Como sabedes estamos aquí alumas e alumnos do CEIP de Petelos e do IES de Mos para celebrar o primeiro correlingua de Mos. Pero este é un correlingua moi particular. Se vos fixades, todas e todos temos un dorsal con palabras en galego. O alumnado do instituto non ten unha palabra calquera, senón un topónimo da nosa contorna. Pero... Sabedes o qeu é un topónimo? Alguén nolo pode explicar? O topónimo é o Nome propio dun lugar. Cada un de nós leva un topónimo de Mos. Vedes a enorme cantidade que hai? e moitos máis quedaron sen usar. É que en Galicia somos ricos en moitas cousas e unha delas é a toponimia.
Pero non só temos riqueza en topónimos, senón que a nosa lingau forma parte do nos o patrimonio cultural.
As linguas non son só un instrumento de comunicación, tamén reflicten a identidade de quen as fala e son un piar imprescindible para desenvolver as nosas sociedades.
Cada lingua expresa o pensamento e a maneira de ser e estar no mundo da súa comunidade.
En cada lingua habita unha historia única e irrepetible, e a nosa, a da lingua galega, ten séculos e séculos de historia.
Por todo iso, sentimos orgullo da nosa lingua e queremos falala e escoitala.
E por que queremos medrar en galego?
Porque non queremos que se extingan as vacalouras, nin as bolboretas, nin os merlos, nin os bidueiros, nin os salgueiros, nin os amieiros, nin os tocos, nin as xestas, nin as fragas, nin os soutos, nin as lareiras, nin as laxes, nin as lousas, nin os penedos, porque tamén as palabras están en perigo de extinción.
Porque cada palabra é un milagre de acordo entre falantes que viviron antes ca nós. Son a lembranza dos nosos devanceiros.
Porque non hai nada mellor que cruzar a fornteira e entendernos tan ben coas nosas irmás e irmáns portugueses.
Porque nos encanta escoitar todas as variedades da nosa lingua "verao", "il", "ghato", "corazois"
Por iso queremos galego!
Comentarios
Publicar un comentario