Saltar ao contido principal

COÑECENDO O INSTITUTO

 

O alumnado de 6º EP do CEIP de Petelos viñeron visitar o seu futuro instituto. Aproveitamos a visita para resolver as súas dúbidas sobre o que atoparán o vindeiro curso. Desta vez, empregamos a nosa radio para que puideran entrevistar alumnado de 4º ESO para coñecer todos os detalles importantes sobre o instituto.

Podes escoitar a entrevista premendo aquí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 En xaneiro celebramos o mes da ciencia en galego. O obxectivo é demostra que a nosa lingua é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Con este fin, unha compañeira e un compañeiro de 4ºESO crearon un vídeo sobre a vida de Einstein, a partir do que creamos un xogo para empregar nas titorías. Para complementar esta actividade, falamos tamén sobre Mileva Maric, a parte invisible da Teoría da Relatividade. Invitamos a reflexionar sobre o seu papel no traballo polo que Einstein recibíu o premio Nobel, o trato recibido por parte do científico...  O alumnado de 1º ESO A animouse a escribir cartas póndose no lugar de Mileva, como se ela as escribira agora, no 2024.

ORGULLO DA NOSA LINGUA

 O 16 de maio, o alumnado de 1º ESO xuntouse cos nosos veciós, o  CEIP de Petelos para celebrar un correlingua propio. Comezamos facendo unha pequena andaina pola nosa lingua rematamos lendo un manifesto. En todo momento acompañounos a música de varios compañeiros e compañeiras. O título da xornada foi "Orgullo da nosa lingua". Aquí deixamos as palabras escritas para esta ocasión: Bo día a todas e todos! Como sabedes estamos aquí alumas e alumnos do CEIP de Petelos e do IES de Mos para celebrar o  primeiro correlingua de Mos. Pero este é un correlingua moi particular. Se vos fixades, todas e todos temos un dorsal con palabras en galego. O alumnado do instituto non ten unha palabra calquera, senón un topónimo da nosa contorna. Pero... Sabedes o qeu é un topónimo? Alguén nolo pode explicar? O topónimo é o Nome propio dun lugar. Cada un de nós leva un topónimo de Mos. Vedes a enorme cantidade que hai? e moitos máis quedaron sen usar. É que en Galicia somos ricos en moitas cousas