Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

ORGULLO DA NOSA LINGUA

 O 16 de maio, o alumnado de 1º ESO xuntouse cos nosos veciós, o  CEIP de Petelos para celebrar un correlingua propio. Comezamos facendo unha pequena andaina pola nosa lingua rematamos lendo un manifesto. En todo momento acompañounos a música de varios compañeiros e compañeiras. O título da xornada foi "Orgullo da nosa lingua". Aquí deixamos as palabras escritas para esta ocasión: Bo día a todas e todos! Como sabedes estamos aquí alumas e alumnos do CEIP de Petelos e do IES de Mos para celebrar o  primeiro correlingua de Mos. Pero este é un correlingua moi particular. Se vos fixades, todas e todos temos un dorsal con palabras en galego. O alumnado do instituto non ten unha palabra calquera, senón un topónimo da nosa contorna. Pero... Sabedes o qeu é un topónimo? Alguén nolo pode explicar? O topónimo é o Nome propio dun lugar. Cada un de nós leva un topónimo de Mos. Vedes a enorme cantidade que hai? e moitos máis quedaron sen usar. É que en Galicia somos ricos en moitas cousas

FALEMOS COMO GALEGAS

 A rapazada do IES de Mos tivo a oportunidade de desfrutar do espectáculo "Falemos como galegas", da compañía de teatro Migallas, na Sala Rebullón. A obra trata, dende o humor, temas coma o castrapo, a diglosia, os prexuízos..., coa finalidade de invitar á reflexión sobre estes aspectos e convidar a normailizar o uso do galego en tódolos ámbitos da nosa vida. Queremos dar as grazas ao Centro Cultural As Pedriñas por convidarnos a este espectáculo.